quarta-feira, 18 de abril de 2012

Amor desde o alén: Anfarete e o seu neto


Sempre me impresionou esta estela funeraria do Museo do Cerámico pola súa carga emocional. Ademáis de textos dos grandes autores como Platón, Esquilo ou Tucídides, en grego tamén se escribiron cousas como esta, que nos achega ao sentir cotiá dos atenienses de hai 2.500 anos. A datación da estela sitúaa entre o 430 e o 420 aC., ou sexa, no principio da Guerra do Peloponeso. Non sabemos por que morreron a avoa e mais o neto, no entanto podemos imaxinar que foron vítimas da peste do ano 429, a mesma que tamén deu cabo de Pericles.

Na cornixa da estela pódese ler o seguinte epitafio:

                   Τέκνον ἐμῆς θυγατρὸς τόδ’ ἔχω φίλον, ὅμπερ ὅτ’ αὐγὰς
                      ὄμμασιν ἠελίο ζῶντες ἐδερκόμεθα
          ἔχον ἐμοῖς γόνασιν καὶ νῦν φθίμενον φθιμένη’ χω

Aquí teño o fillo da miña filla, meu queridiño,
ao que tiña nos meus xeonllos,
mentres estabamos vivos e viamos a luz do sol,
agora, morto, continúo a telo eu, que tamén estou morta.

Conmovedor!

Sem comentários:

Enviar um comentário