terça-feira, 17 de abril de 2012

(3) Enunciado, enunciar, enunciando


Unha das dificultades desta lingua é buscar no dicionario e encontrar exactamente a palabra que necesitamos. Νο caso dos verbos é bastante fácil porque aparecen na 1ª de singular do presente de indicativo, e aquí hai poucas posibilidades: -ω (variantes contractas: -αω, -εω), -ομαι (variantes contractas: -αομαι -εομαι). Para substantivos e adxectivos a cousa é algo máis complicada, por iso É NECESARIO coñecer a declinación e pensar máis ou menos así:

a) Se se trata dun adxectivo procuraremos o seu nominativo masculino e o dicionario dará o resto dos xéneros tamén en nominativo sg., os números designan a declinación de cada xénero:

-ος -η -ον (2-1-2)
-ος -α -ον (2-1-2)
-ων -ον (3-3)
-ης -ες (3-3)
-υς -εια -υ (3-1-3)

Os irregulares deben ser coñecidos de memoria: πολύς πολλή πολύ, μέγας μεγάλη μέγα.

b) Nos substantivos buscaremos o seu nominativo de singular e iso non sempre é fácil.
1ª declinación: fem. (-α, -η), masc. (-ας, -ης)
2ª declinación: (-ος), neutr. (-ον)
3ª declinación: (-ς con variantes -Ψ, -ξ ou sen desinencia coa última vogal do tema alongada -ω, -η), neutr. (-μα, -oς, -υ )

E algo de intuición tamén é necesaria.

Sem comentários:

Enviar um comentário