quinta-feira, 26 de abril de 2012

O grego dos xitanos

Mulleres e nenos rom de Macedonia (Grecia)
As poboacións coñecidas cos nomes de xitanos, ciganos, cíngaros, gypsies -eles, porén, chámanse a si mesmos rom, sinti, manuches ou calés- encóntranse espalladas por todos os países de Europa e de América. Partiron do Noroeste da India -e non podemos dicir a razón- hai uns mil anos e chegaron a Europa a partir do século XIV. Estas poboacións nómades pasaron por Persia, Turquía e Grecia, onde se estableceron un longo período de tempo. Pensa que o nome de "xitano" procede de "exiptano", mais non de Exipto, senón da rexión do Peloponeso, daquela coñecida como Exipto o Menor. Dispersáronse despois e a súa lingua diversificouse en contacto coas diversas linguas dos países nos que se asentaron. Trátase dunha lengua ide., da rama indoirania, como o sánscrito, o hindi, o bengalí ou o persa.


Hai comunidades xitanas en todos os países de Europa, no entanto, polo seu nomadismo secular, é imposible saber cantas persoas en cada país falan algunha variedade de romaní. Sen norma escrita e fragmentada en múltiples variedades, o romaní é a única lingua que, sendo falada en moitos territorios, non é considerada lingua nacional de ningún país.
Do seu paso polos territorios de lingua grega do Imperio Bizantino, entre os século XII e XIV, ficaron no léxico romaní moitísimas palabras de orixe grega de moitos campos semánticos: oficios, numerais, cultura material, gastronomía, etc. Eis algúns dos máis de douscentos préstamos gregos que se poden encontrar nos distintos dialectos rom:

drom (δρόμος), chartas (χαλκεύς), wágora (ἀγορά), chirus (καιρός), kris (κρίσις), eftá (ἑπτά), trianda (τριάκοντα), selene (σελήνη), ulejo (ἔλαιον), parastovin (παρασκευή), klidí (κλείς κλειδός), drosia (δρόσος).

camiño, ferreiro, mercado, tempo, xustiza, sete, trinta, verde (lúa), aceite, venres (gr. clásico: preparación), chave, rosa (orballo).

Un exemplo pouco coñecido, tamén polos propios rom, da presenza do grego.

Sem comentários:

Enviar um comentário