segunda-feira, 16 de abril de 2012

(2) Terceira declinación: alternancia vocálica

Moitas das palabras desta declinación están sometidas a unha variación de cantidade da última vogal do tema, ou sexa, presentan vogal longa no nominativo sg. e vogal breve no resto dos casos. Debes observar ben o enunciado para comprobares se hai alternancia ou non. Este fenómeno aparece noutros contextos en galego (durmo/dormes) ou en inglés (come/came).

Sen alternacia: 
ἀγν νος, ὁ
θρ θηρός, ὁ 

Con alternancia: 
δαίμων ονος, ὁ
λιμν νος, ὁ
γέρων oντος, ὁ
ῥήτωρ oρος, ὁ
τριήρης ους (εος), ἡ

Imaxina agora o proceso contrario: nun texto aparece a palabra τῇ ἀηδόνι e non sabes o seu significado. Que fas?
1.- Identificas o caso: dativo sg. ἀηδόν-ι.
2.- Identificas o tema: nasal ἀηδον-.
3.- Reconstrúes o nominativo sg.: ἀηδών.
4.- Procuras no dicionario e encontras: ἀηδών όνος, ἡ "reiseñor".
NUNCA pode haber un nominativo sg. masculino ou feminino da 3ª con vogal breve! Dos neutros desta declinación xa falaremos.

Sem comentários:

Enviar um comentário