quarta-feira, 9 de maio de 2012

Música para aprender: Ξεκινάει μια ψαροπούλα

Ξεκινάει μια ψαροπούλα "Sae unha dorna", cantada e interpretada ao estilo orixinal das κουμπανίες de música rebética do comezo do século XX, unha canción moi fermosa  "νησιώτικο", ou sexa, "insular ou das illas", que nos fala da saída ao mar dunha dorniña, tripulada por mozos (παληκάρια), para pescar esponxas, corais e pérolas. Unha oportunidade para coñeceres algunha illas gregas: Hidra, Kalymnos, Poros, Egina, Spetses. Visítaas na wikipedia, é só escribires o seu nome!

O verso que se repite:  απ' το γιαλό é a pronuncia moderna da frase clásica ἀπὸ τοῦ αἰγιαλοῦ, ou sexa, "desde a praia".

Sem comentários:

Enviar um comentário