sábado, 21 de julho de 2012

Cinematógrafo: Nύφες (Novias por encargo; ingl. Brides)


 Baseada en feitos reais, este filme de Pantelís Vúlgaris conta a historia das mozas pobres que, a comezos do século XX, cruzaban o Atlántico para casaren nos EUA con inmigrantes gregos aos que coñecían só por carta e fotografía. A metade dos diálogos son en inglés, e  Martin Scorsese encargouse da produción executiva, por iso non foi nominado a mellor filme estranxeiro nos Oscar de 2004. A non perder e a practicar tamén o inglés! 

Sem comentários:

Enviar um comentário