domingo, 28 de julho de 2013

Orixes africanas da cultura

Segundo a teoría de Martín Bernal (Black Athena, 1987), as orixes da civilización grega estarían en Exipto e no mundo semítico (fenicios). Os antigos mitos parecen probar esta tese: Cadmo, que trouxo o alfabeto, era fenicio, as Danaides proceden de Exipto, Heródoto fala varias veces de influencias orientais.
Eu, pola miña banda e cos mínimos coñecementos de árabe que posúo, investiguei un pouco e atopei algunhas probas aparentes da orixe semítica dalgunhas palabras comúns e dalgúsn topónimos. Curiosamente se se consulta un dicionario de grego, este termos aparecen etiquetados como "de orixe descoñecida".

Velaquí algúns exemplos:

νέκταρ néctar(niqtar "viño perfumado")
φάσγανον puñal(psg "cravar"
βωμός altar (bamah "altar")
ἀμβροσία ambrosía (mbr "ámbar")
κόσμος universo (ksam "dividir")

Na toponimia aparecen paralelos máis evidentes:

Σᾶμος (samin "alto, elevado")
Θῆβαι(têbab "arca")
Μυκῆναι (mahaneh "campamento")
Μέγαρα (m'ar "cova")



2 comentários:

  1. Oscar, ¿poderías indicarme cales son as escrituras gregas máis antigas que se coñecen? atopo que é unha inscripción nun vaso da necrópolil de Osteria dell´Osa descuberto en 1992...¿podes indicarme se hai imaxes desta escritura? grazas colega.

    ResponderEliminar
  2. perdoa...outra cuestión...¿sabes que sentido ten o contido deses primeiros textos? o contexto funerario pode indicar un desexo de comunicación entre os dous mundos pero ¿ti que pensas disto?

    ResponderEliminar